Baixo a miña humilde opinión como interesado na materia, penso que una das maiores achegas de Isaac Asimov á Ciencia Ficción (atreveríame dicir que á Filosofía en xeral) é o conxunto das leis robóticas:
1º-Un robot non pode facer dano a un ser humano ou, por inacción, permitir que un ser humano sufra dano.
2º-Un robot debe obedecer as ordes dadas polos seres humanos, agás se estas ordes entrasen en conflito coa 1ª Lei.
3º-Un robot debe protexer a súa propia existencia na medida en que esta protección non entre en conflito coa 1ª ou a 2ª Lei.
Estas leis son, segundo definición do propio autor «formulaciones matemáticas impresas nos carreiros positrónicos do cerebro» dos robots, é dicir, liñas de código do programa de funcionamento do robot gardadas na ROM do mesmo.
Interpretación da Lei:
Pero non é tan sinxelo matizar as leis xa que dan lugar a múltiples ramificacións e raíces que se han diseccionado e discutido tanto dentro como fóra da obra de Asimov. O Robot enfróntase aos mesmos dilemas morais aos que se enfronta o ser humano ao que se lle dá o poder de matar:
Ao principio, cando os robots eran máis simples (no fondo tanto como os seres humanos que os deseñaban) o criterio era cuantitativo: dúas vidas valen máis que unha. Aos poucos este criterio foise matizando xa que había vidas que podían considerarse máis valiosas que outras: a dun neno, un líder, o dono ao que o robot debía protexer,etc...
As ramas seguían estendéndose a medida que aumentaba a complexidade do robot e, por tanto, a súa capacidade de autorreflexión: Realmente calquera neno? Realmente calquera líder? Sempre o dono? Pódese magoar fisicamente ao atacante para protexer a psiquis do atacado?
E todas estas preguntas deberían ser contestadas baixo unha análise puramente lóxica, carente de emoción xa que, en teoría, os robots non senten.
No hay comentarios:
Publicar un comentario