Non se pode falar dunha teoría do coñecemento, no sentido dunha disciplina filosófica independente, nin na Antigüedad nin na Idade Media. Na filosofía antiga atopamos múltiples reflexións epistemolóxicas, especialmente en Platón e Aristóteles.
Pero as investigacións epistemológicas están ensartadas aínda nos textos metafísicos e psicolóxicos. A teoría do coñecemento como disciplina autónoma aparece por primeira vez na Idade Moderna.
Como o seu fundador debe considerarse ao filósofo inglés John Locke, A súa obra mestra (Ensaio sobre o entendemento humano), aparecida en 1690, trata dun modo sistemático as cuestións da orixe, a esencia e a certeza do coñecemento humano.
Como o verdadeiro fundador da teoría do coñecemento dentro da filosofía continental preséntase Emmanuel Kant. Na súa obra mestra epistemológica, a Crítica da razón pura (1781), trata, ante todo, de dar unha fundamentación crítica do coñecemento científico da natureza.
El mesmo chama ao método de que se serve nela “método transcendental”. Este método non investiga a orixe psicolóxica, senón a validez lóxica do coñecemento.
Por mor deste método, a filosofía de Kant chámase tamén brevemente, trascendentalismo ou criticismo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario